Galicia Informativos   Informativo Galicia 7:45 - 10/02/23 10/02/2023 14:56

Sanidade anuncia novas medidas para cubrir vacantes en atención primaria, como unha bolsa de voluntarios que teríán unha remuneración extra. Pero o feito de que todas estas accións cheguen a uns días da manifestación convocada por Sos sanidade pública fai que aumente a desconfianza no sector.
Orde de prisión para o home acusado de matar o pasado domingo á súa exparella en Baiona. Non pode comunicarse nin achegarse ós seus fillos.
E hoxe coñeceremos as conclusións do xuizo polo dobre crime do Cash Récord cometido en Lugo hai 29 anos.

O tempo. Segue todo igual... ceo despexado, frío con xeadas pola noite e temperatura agradable nas horas centrais do día. No litoral da provincia de Pontevedra vanse rexistrar cerca de 20 graos.
 

Galicia Informativos
Más opciones