Galicia Informativos
Informativo Galicia 7:45 - 10/05/21
10/05/2021
14:52
A Xunta solicita hoxe no Tribunal Superior de Galicia o aval para as medidas da desescalada. Comezaron a aplicarse co final do estado de alarma, pero aínda necesitan dese respaldo da Xustiza.
Un cambio de normalidade que chega acompañado de incertezas, e tamén por unha evolución favorable dos indicadores da pandemia. A incidencia segue a ser a metade que a media española.
Así as cousas, a Xunta xa pensa en celebrar concertos de ata 10 mil persoas en xullo. Serían ó aire libre, en grandes recintos como o Monte do Gozo, e coa xente sentada.
De momento, chove de forma intermitente.