Galicia amence pendente da pesca ante a primeira semana coa nova normativa europea que veta a actividade de fondo nas áreas protexidas do Atlántico. Vintecatro horas despois da súa entrada en vigor, o temor é que existan conflitos entre as diferentes artes pesqueiras ó ter que compartir zonas de traballo. De momento, o goberno pedirá a nulidade da medida ante o tribunal de xustiza da Unión. En todo caso, pendentes esta tarde da comisión de pesca en Bruxelas.
Hoxe comeza a campaña de vacinación da gripe pros grupos de risco, incluidos os nenos de entre 6 meses e 5 anos.
E a noite deixa un falecemento nas estradas. Unha muller de 90 anos morreu en Melide tras unha colisión frontal.
Nos deportes, derrota do Celta contra o Barça no Camp Nou por un gol a cero