Galicia Informativos   Informativo Galicia 7:45 - 10/10/23 10/10/2023 14:56

No Parlamento, ata as dez e media os grupos políticos poden concretar en propostas de resolución as iniciativas que onte anunciaron no debate de política xeral. Último antes das eleccións autonómicas ó que o PSdeG chega sen candidato á presidencia da Xunta, pero o que elexirá este mes...pon en marcha o proceso de primarias e o ex-delegado do Goberno, José Ramón Gómez Besteiro, confirmou a súa candidatura.

A oficina técnica da seca alerta por escaseza de auga na área de Carballo e entre Arteixo e A Coruña. a ocupación media dos encoros da demarcación Galicia-costa está case no 65 por cento: en cambio, Cecebre que abastece ós municipios da área da Coruña está 20 puntos máis baixo. As chuvias anúncianse pra vindeira fin de semana
Ata entón van continuar temperaturas diurnas propias do verán. As nocturnas si son máis propias destes primeiros días do outono

Galicia Informativos
Más opciones