Galicia Informativos
Informativo Galicia 7:45 - 10/11/21
10/11/2021
14:54
Con case 800 casos activos e o aumento da incidencia en 5 puntos, Sanidade non descarta recuperar o uso do certificado covid na hostalaría. A vindeira semana reábrense os grandes recintos de vacinación para poñerlle a dose de reforzo ós que teñen entre 70 e 79 anos.
E hoxe atentos ó Parlamento, onde está previsto que Gonzalo Caballero interveña na sesión de control a pesar dos cambios na dirección do partido.
En Ourense, os representantes socialistas na Deputación inician hoxe unha marcha a Madrid para denunciar o que consideran reparto inxusto dos fondos da institución que preside Manuel Baltar. E, no Porriño, a alcaldesa está disposta a renunciar para evitar que a dereita goberne o municipio.