Galicia Informativos   Informativo Galicia 7:45 - 11/06/21 11/06/2021 14:59

Concertos ou verbenas ó aire libre poderán reunir este verán ata 5 mil persoas de pé e 10 mil sentadas, segundo as novas normas presentadas pola Xunta. Ademais poderá habilitarse unha zona para servir comida e bebida.
Avances na desescalada para eventos en exteriores. Ademais, o Consello da Xunta estudou na súa reunión semanal unha nova normativa que o comité clínico abordará a vindeira semana.
Hai cambios que xa entran en vigor esta próxima medianoite: xa non haberá un límite máximo de persoas non conviventes que poden reunirse, agás na hostalaría. Outra novidade é que xa non haberá concellos nos máximos niveis de restriccións.
Sobre as vacinas, o SERGAS repesca estes días a 11.600 personas que non se inmunizaron, por distintas circunstancias, co seu grupo de idade.
Todo nun venres de novo de calor, aínda que no litoral da Coruña terá protagonismo o vento.
 

Galicia Informativos
Más opciones