A comisión de pesca europea deixa sen esperanzas a curto prazo á frota galega. Non haberá cambios inmediatos no regulamento que veta a pesca de fondo nas áreas protexidas do Atlántico. A situación actual quedará como está, polo menos, ata marzo ou abril do vindeiro ano. Na frota galego, hai barcos amarrados á espera de atopar caladoiros nos que non cadren con moitos buques doutras artes. A campaña do Nadal, a mellor do ano, periga.
Novidades tamén na campaña de vacinación da covid. A finais da semana comezará a repesca da cuarta dose, abrirase así a opción de que os maiores poñan a cuarta dose nos centros máis próximas ás súas vivendas.
E en axenda esta mañá seguen as reunións do presidente da Xunta cos alcaldes das principais cidades. Quenda ás dez e media para o ourensán Gonzalo Pérez Jácome.