Galicia Informativos   Informativo Galicia 7:45 - 13/01/22 13/01/2022 14:52

Os contaxios non deixan de aumentar e Sanidade vai pedir autorización á xustiza para prorrogar as restriccións, que afectan sobre todo a hostalaría e ocio nocturno, ata finais de mes. Só hai un cambio, as reunións de madrugada entre non conviventes só se limitarán a tres noites, de xoves a sábado.
Á marxe da pandemia... Endesa mantense activa, segue queimando carbón, e sen data de desmantelamento. Precisamente hoxe está en Galicia a ministra de transición ecolóxica, Teresa Ribera, neste caso para presidir o acto oficial de inauguración dos traballos de dragase da ría do Burgo. Pola tarde verase co presidente da Xunta. seguro que os fondos europeos estarán sobre a mesa da reunión.
O xornal El mundo sinala hoxe que o presidente da Xunta lle enviou un requerimento ó Consello de ministros para que anule un decreto que o seu entender faavorece a catro comunidades autonomas.

O tempo. Agárdanos unha xornada solleira, pero agora o que chama a atención son as baixas temperaturas.

Galicia Informativos
Más opciones