Activo un incendio forestal no concello coruñés de Carnota, na parroquia de Lariño, que se orixinou por un coche ardendo. Supera agora as 20 hectáreas e obrigou a cortar a nacional 550 entre Lira e Lariño. Ademais, por prevención, houbo que desaloxar algunhas vivendas. O lume comezou este domingo pasado o mediodía e parecía controlado pero, posteriormente, a dirección do vento fixo que as lapas se estendesen.
Todo tras unha xornada de reivindicación multitudinaria en Santiago na manifestación en defensa da sanidade pública, con presenza dos líderes da oposición. Iso si, con cifras dispares de asistencia. 50 mil persoas segundo a organización, a plataforma SOS SANIDADE, 22 mil para a Policía Local e 15 mil di a autonómica.
Comezamos ademais unha semana na que se cumprirá o primeiro aniversario do afundimento do Villa de Pitanxo con 21 mariñeiros falecidas. Será o mércores, as familias esixen ó goberno central celeridade na contratación da empresa que baixará ó pecio en augas do Canadá.
Nos deportes, o Celta perdeu 0-1 co Atlético de Madrid en Balaídos