Galicia Informativos   Informativo Galicia 7:45 - 13/07/21 13/07/2021 14:54

O comité clínico que asesora á Xunta avaliará hoxe a situación da pandemia. E non é boa. Nunha semana multiplicáronse por dous os casos activos e mesmo se rexistran 7 positivos en dúas residencias de Betanzos e Pontevedra.
Así as cousas parece probable que non só se aprace a desescalada senón tamén que se decida a ampliación de novas restriccións, como mínimo a de concellos, sobre todo no sur de Galicia.
E hoxe. en Lugo, recuperamos dous vellos casos de tribunais, a operación Carioca, xa moi desinflada e o Cash Récord, a investigacion da morte dunha dependente deste supermercado.
Nun día que empezamos con chuvias febles no norte e algo máis despexado canto máis ó sur.

Galicia Informativos
Más opciones