Galicia Informativos   Informativo Galicia 7:45 - 13/09/21 13/09/2021 15:01

Tras case dous meses Sanidade non comunica ningunha morte con coronavirus. Non ocorría desde o 21 de xullo. O mesmo tempo seguen baixando os casos activos. Xa son menos de catro mil as persoas coa enfermidade.
Hoxe nos campus universitarios haberá puntos de vacinación para os que non é necesaria cita previs.
Coa continua suba dos prezos da luz, este luns falamos do seu impacto nas explotacións gandeiras: soben os custes pero non os prezos do leite.
E, de novo Stellantis ten que parar a montaxe de furgontestas pola falta de compoñentes eléctricos.
Das estradas, temos que lamentar un accidente mortal: un motorista de 51 anos faleceu onte á tarde en Portomarín tras unha saída de vía.
Deportes. O Celta acaba goleado en Madrid tras adiantarse dúas veces no marcador. En hockei, o liceo campión da supercopa.
O tempo: aumenta a inestabilidade e pola tarde hai risco de chuvascos treboentos.

Galicia Informativos
Más opciones