Nova cita na cidade da cultura co xuizo do Alvia. Ás nove e media prestará declaración o segundo dos acusados, o que era director de seguridade de Adif, Andrés Cortabitarte, cando se puxo en servizo a liña de alta velocidade Ourense-Santiago. Deberá explicar as razóns polas que se descontectou o sistema de freado automático.
E hoxe acordámonos do naufraixo do Villa de Pitanxo... oito meses despois do afundimento do barco en terranova, un dos tres superviventes, Samuel Kwesi xa ten a nacionalidade española.
Deportes. O Lugo perdeu na casa coas Palmas e cae a postos de descenso.
Hoxe Galicia manterase baixo a influencia das altas presións, aínda que os ventos irán tomando compoñente oeste co avance do día.
Vexamos como está a situación nas principais cidades.