Galicia Informativos
Informativo Galicia 7:45 - 14/02/23
14/02/2023
14:59
Un ano despois do afundimento do Villa de Pitnxo en Terranova, a comisión de investigación de accidentes marítimos adianta que no verán se prevé baixar ó pecio pra buscar datos sobre as causas do naufraxio. Este luns en Marín realizouse unha homenaxe á tripulación do Meduiña que rescatou ós tres superviventes.
Sanidade, o conselleiro Julio García Comesaña reúnese pola tarde co Consello de colexios médicos para abordar a situación da atención primaria. A oposición pídelle que teña en conta as demandas expresadas pola cidadanía este domingo en Santiago.
Dous incendios queimaron case 200 hectáreas nas últimas horas en Carnota e na Gudiña
O tempo... agárdanos unha xornada con temperaturas máis propias da primavera..
Xa se notou nas mínimas.