Galicia Informativos   Informativo Galicia 7:45 - 14/05/2021 14/05/2021 14:58

Xa empezou a vacinación dos mariñeiros. En vigo e Burela. Primeiro a dos que traballan nos buques de gran altura. Unha demanda do sector, porque traballan durante moitos días xuntos en pequenos espazos. Con eles empregase o soro de Jansen que require unha soa picada.
Nun venres con cambios no mapa de restriccións, con só tres concellos no nivel máximo que, entre outras cousas, supón peche perimetral.
á marxe da Covid, hoxe protagonismo para os mariñeiros, neste caso os de baixura, que van protestar de novo contra o regulamento europeo sobre o control de capturas.
Espertamos con poucas nubes e máis frío. Hai que aproveitar este venres, porque na fin se semana, xa desde hoxe á noite, vai seguir chovendo

Galicia Informativos
Más opciones