Non hai un censo aproximado de xabaríns...pero polo incremento de avisos por danos na agricultura ou accidentes de tráfico, é evidente que o número é moi alto. Por iso, a Xunta declara a emerxencia cinexética na maior parte do territorio... Inclúe ás sete grandes cidades. A excepcionaliade entra en vigor xa este sábado.
En relación cos últimos alixos de droga: hoxe prestarán declaración os detidos... os tripulantes do pesqueiro apresado fronte á costa galega farano por vía telemática porque o caso lévao a Audiencia Nacional.
E, unha xuiza de Santiago arquiva unha nova peza da Pokemon e faino tamén con críticas á instrucción da maxistrada Pilar de Lara que foi a que abriu a investigacion.
O tempo.
Mantense a influencia anticiclónica sobre Galicia, con ventos do nordés... van subir as temperaturas máximas... a cambio as mínimas algo máis baixas.