Portos, áreas loxísticas ou polígonos amencen hoxe con máis vixilancia ante os anunciados paros no transporte, que en Galicia secundan os asociados na Plataforma nacional. Denuncian o incumprimento da lei que prohibe traballar a perdas. Está por ver o impacto porque o sector acusa ás grandes empresas de presionar ós camioneiros para que non deixen de traballar hoxe. As asociacións maioritarias galegas desvincúlanse da folga.
As estradas déixannos un accidente con tres feridos na AP-9 cerca de Miño. Foi provocado por un turismo que circulaba en sentido contrario, e que segundo confesou a Garda civil se confundiu na entrada.
Nos deportes, o Arenteiro elimina ó Almería. O equipo do Carballiño volverá a enfrontarse a un primeira na próxima ronda á que avanzaron tamén Pontevedra e Celta.
No tempo, comezaremos a semana nunha situación intermedia entre altas e baixas presións, agardando a chegada dunha nova fronte na madrugada do martes.