Galicia Informativos
Informativo Galicia 7:45 - 15/02/23
15/02/2023
15:02
Tal día coma hoxe, hai un ano, espertabamos coa tráxica noticia do naufraxio do Villa de Pitanxo en Terranova que logo resultou ser o peor en varias décadas con 21 falecidos: doce corpos aínda non foron recuperados. As familias levan desde entón reclamando que se baixe ó pecio para coñecer as causas do afundimento. Semella que este verán podería acometerse a operación.
Hoxe seguiremos escoitando ás víctimas e familiares do accidente do Alvia que reviven aqueles duros momentos e contan como están case dez anos despois.
E recollemos a satisfacción dos familiares de Diego Bello ó coñecer que os tres policías acusados de mata-lo en Filipinas xa están en prisión