Galicia Informativos
Informativo Galicia 7:45 - 15/03/21
15/03/2021
14:58
Estamos a luns, volveu o anticiclón, inciamos semana, e facémolo pensando case, case, no descanso que está por vir. A ponte do 19 de marzo... Como quedará daquela o mapa da pandemia e como estarán para daquela as restriccións. Mañá volve reunirse o comité clínico.
De momento, hoxe, sumamos un novo alivio, unha nova mellora que agora afecta a oito concellos máis, que recuperan a mobilidade co resto de Galicia e xa poden abrir a hostalaría tamén no interior. Unha situación da que agora disfrutamos en case toda a comunidade: só quedan 5 concellos co nivel máximo de restriccións e outros catro en nivel alto.
A Xunta baralla ampliar o horario da hostalaría, agora limitado ás seis da tarde. Esta tarde, nova reunión co sector.