Galicia Informativos   Informativo Galicia 7:45 - 15/07/22 15/07/2022 14:48

Ourense volveu a bater este xoves o récord histórico de temperatura alta con 44 graos e as mínimas están por riba dos 20 e incluso dos 30 graos en moitos puntos de Galicia.
Pero nas últimas horas, esta longa onda de calor veu acompañada de tormentas: raios, que aínda continuan esta mañá e vento... chuvia pouca..


Tormentas que chegaron por sorpresa.....e que é probable que estean detrás dalgún dos incendios que se rexistran arestora: seis en total, nun no Courel hai perigo para as casas e Medio Rural pediu a axuda da Unidade militar de emerxencias.
Como sinalabamos o calor continúa tamén a estas horas... con temperaturas máis propias do mediodía. Como exemplo as que se rexistran nas grandes cidades.

Galicia Informativos
Más opciones