Galicia Informativos   Informativo Galicia 7:45 - 15/08/22 15/08/2022 14:58

Nesta xornada festiva en Malpica seguen sen poder usar auga da traída. Está contaminada porque a seca baixou moito o caudal do río e hai demasiada materia orgánica. Mañá faranse novas análises pero mentras hai que usar garrafas de auga embotellada.
Tampouco están mellor as cousas en Rivadavia malia que por fin teñen un camión cisterna para trasladar auga do río Avia á depuradora.

Xa no político, os socialistas piden á Xunta que asuma as súas competencias e adopte medidas para paliar a situación e non faga caer as responsabilidades nos concellos.

Todo nun día no que se cumpren seis meses do afundimento do pesqueiro Villa de Pitanxo en augas de Terranova.

No tempo, as chuvias chegarán ao final desta xornada, antes un día con sol e nubes...
 

Galicia Informativos
Más opciones