Galicia Informativos   Informativo Galicia 7:45 - 15/09/21 15/09/2021 15:00

Hoxe entra en vigor o novo protocolo que regula o acceso ós locais de hostalaría. Un plan pactado co sector que vincula os aforos ás medidas hixiénicas dos establecementos. Os que cumpran os requisitos máis elevados poderán mesmo permitir o uso das barras.
E, xusto agora que xa se pactaran as novas normas, o Tribunal Supremo sinala que é legal obrigar a presentar o certificado de vacinacón para entrar nos locais. De momento, a norma non se vai poñer en práctica, pero o fallo estará presente nas conversas entre Sanidade e o sector.
E, hoxe complétase o inicio do curso académico coa volta as aulas dos alumnos de secundaria.
Un mércores con protagonismo para o recibo da luz despois de que o Goberno aprobara un plan para abarata-lo e o Parlamento rexeitara unha iniciativa do BNG para establecer unha tarifa galega.
O tempo: mantense a inestabilidade e o risco de chuvascos pola tarde na metade sur. As temperaturas máximas entorno ós 25 graos.
 

Galicia Informativos
Más opciones