Galicia Informativos
Informativo Galicia 7:45 - 15/11/21
15/11/2021
14:50
Milleiros de persoas volveron manifestarse en defensa da sanidade pública. Demandaron nas rúas de Santiago un reforzo do sistema de saúde pública, incluidos máis recursos e persoal, sobre todo en atención primaria a máis deteriorada coa pandemia.
E os casos de coronavirus levan unha semana aumentando. Xa hai case 1.200 persoas coa infección activa.
Este luns volveremos falar de Alcoa: o presidente da Xunta aborda en Madrid coa ministra de industria a situación da fábrica. A portavoz nacional do BNG visita a Mariña.
Deportes: O lugo sumou tres puntos en Amorebieta e en baloncesto, derrotas do Breogan e do Obradoiro.
O tempo... hoxe con máis nubes no terzo norte.