Galicia Informativos
Informativo Galicia 7:45 - 16/03/21
16/03/2021
14:56
Galicia tamén suspende cautelarmente a administración da vacina de AstraZéneca. Faino por prudencia e de acordo coas indicacións do Ministerio de Sanidade. O presidente da Xunta está convencido de que antes ou despois volveremos con esta vacina.
Polo demais, hoxe, nova reunión do comité clínico, coa vista posta outra vez na hostalaría. Na reunión de onte á tarde entre a Xunta e o sector abordouse a posibilidade de ampliar horarios ata ás oito e media do serán.
E todo isto, nun clima de movementos políticos a nivel nacional que poden levar á ferrolá Yolanda Díaz á vicepresidencia do goberno.