Galicia Informativos   Informativo Galicia 7:45 - 16/09/21 16/09/2021 14:53

Desde este sábado elimínanse as limitacións ás reunións privadas en Galicia; na hostalaría amplíase o número de persoas que poden xuntar e desaparecen as restriccións nos encontros nocturnos.
Avances posibles pola boa evolución da pandemia que tamén fixo que Sanidade anunciase que desde hoxe xa se poderá pedir cita presencial co médico de cabeceira por teléfono ou na web do SERGAS.
Protagonismo para a Ribeira Sacra. Hai dez días era noticia polo incendio máis importante do verán, arderon 1.700 hectáreas. Hoxe éo por algo positivo: a declaración como reserva da biosfera.
O tempo, recuperamos a influencia do anticiclón: vanse ir abrindo claros pero con temperaturas algo máis baixas.

Galicia Informativos
Más opciones