Galicia Informativos   Informativo Galicia 7:45 - 16/11/22 16/11/2022 14:49

Críticas no colectivo médico a decisión da Xunta de reforzar con persoal de enfermaría aquelas urxencias extrahospitalarias que non teñen médico. O presidente da Xunta di que non é solución pero defendea como medida puntual.
Ata dentro dun ano non se poderá cruzar Pedrafita pola A-6. No segundo semestre de 2023 o ministerio conta abrir o viaducto en dirección a Madrid, o que caeu tardará un ano máis.
De momento, o ministerio da liberdade ós transportistas para cruzar por Pedrafita no caso de que non sexa viable o desvío provisional,

Nos deportes, en fútbol hoxe sorteo da seguinte ronda da copa da que están pendentes Arenteiro, ó que lle tocará un primeira, Pontevedra e Celta.
No tempo. Cara a tarde prevense chuvias intensas no sur e oeste da comunidade. Tamén fortes refachos de vento e actívase un aviso laranxa no mar por ondas de 5 a 6 metros. Amplíannos datos nun momento desde meteogalicia. antes vexamos cal é agora a situaicón nas principais cidades.

Galicia Informativos
Más opciones