Galicia Informativos
Informativo Galicia 7:45 - 17/01/23
17/01/2023
14:54
Ainda non rematou o temporal de vento e chuvia e agora anúnciase unha gran nevada...a cota irá baixando ata situarse despois do mediodía nos 300 ou 400 metros. Vai nevar en boa parte de Galicia. O transporte escolar xa non se vai poñer en marca en 17 centros dos concellos de montaña de Lugo e Ourense; en horario de tarde tampouco funcionará noutros 17 colexios das comarcas interiores das catro provincias.
Agora hai moitos ríos fóra do seu cauce o que dificulta o paso por varias estradas a maioría na provincia de Lugo e en Valdeorras hai 40 veciños illados.
A cota de neve vai ir baixando. Ademais no litoral da coruña hai aviso vermello por ondas de máis de 8 metros... no resto a alerta é laranxa....
agora sí xa é inverno.