Galicia Informativos   Informativo Galicia 7:45 - 17/02/22 17/02/2022 14:58

Canadá abandona a busca dos tripulantes do Villa de Pitanxo que permanecen desaparecidos. Considera que non hai posibilidade de localiza-los con vida. Varios pesqueiros manteñen a presencia na zona do naufraxio.
As familias reciben hoxe a visita do ministro de Agricultura e pesca, Luis Planas.
Na conserva hoxe patronal e sindicatos volven a reunirse para buscar un acordo sobre o convenio. Para este sábado está convocada unha manifestción en Boiro.
Deportes: Derrota do Obradoiro contra un rival directo, o Betis; e, hoxe o Breogan disputa contra o Real Madrid o primeiro partido da Copa, que poderán escoitar en Radio cinco.

O tempo: Hoxe, conforme avance o día vanse abrir claros. Pola tarde os ceos xa quedarán despexados na metade leste. 

Galicia Informativos
Más opciones