O reto demográfico, especialmente no rural polo avellentamento da poboación, é este venres protagonista. Tema central do encontro bilateral entre os gobernos galego e asturiano que comezará ás dez e media en Taramundi. Reunión á que asiste Alfonso Rueda e na que outro asunto, o corredor atlántico ferroviario de mercadorías, estará tamén moi presente.
Todo nunha xornada na que as familias galegas xa poden solicitar praza nas escolas infantís públicas dependentes da Administración autonómica.
E segue a polémica parlamentaria pola elección de Manuel López-Pardo como xerente da patronal de hospitais privados. É irmán da actual xerente do Sergas, Estrella López-Pardo. Na oposición falan de conflito de intereses, Sanidade négao.
E precaución na liña de costa, aviso amarelo en todo o litoral por fenómenos costeiros.