Galicia Informativos   Informativo Galicia 7:45 - 17/09/21 17/09/2021 14:58

Nin 24 horas durou a fuga do presunto autor do asasinato dunha muller na madrugada do xoves na Coruña. O home, que xa tiña antecedentes por violencia de xénero, foi arrestado onte á noite en Madrid. Os veciños da víctima mostraron onte, nunha concentración no Birloque, a súa repulsa por este acto violento.
Sobre a pandemia... reábrese a vacinación sen cita e sanidade vai intentar chegar a tódolos que aínda non se inmunizaron.
O número de enfermos segue baixando e tamén os hospitalizados con coronavirus.
Deportes: nova oportuidade para o Celta para sumar o seu primeiro triunfo. Ás nove recibe ó Cádiz.
O tempo: este venres volven as chuvias.

Galicia Informativos
Más opciones