Galicia Informativos
Informativo Galicia 7:45 - 18/01/23
18/01/2023
14:49
Máis dun milleiro de incidencias polo temporal en dous días, pero as consecuencias máis graves padécenas moitos veciños de Betonte. O río Ladra cobre unha gran extensión do municipio: a auga entrou nunha ducia de casas e varias persoas tiveron que ser rescatadas cunha moto acuática. Aínda que xa chove menos, hai unha vintena de ríos desbordados.
A neve, de momento, non está a causar grandes problemas...
O tempo. Hoxe Galicia continuará no domino dunha masa de aire moi fría: a cota de neve estará situada entre os 400 e os 600, irá subindo cara a noite.