Galicia Informativos   Informativo Galicia 7:45 - 18/02/21 18/02/2021 14:59

Continúa chovendo en Galicia. E dirían os hostaleiros que mesmo chove sobre mollado. Onte á tarde volveron saír á rúa para protestar diante da residencia do presidente da Xunta en Monte Pío. A pandemia está poñendo moitos negocios contra as cordas.

Situación crítica tamén a de moitas industrias na comunidade. Alcoa ou a térmica das Pontes van na carteira do presidente Feijóo pra súa reunión coa ministra pra Transición Ecolóxica. O encontro está programado pras catro da tarde.

Esta mañá almorzamos tamén coa decisión da Avogacía do Estado de non recorrer a sentenza que confirma o dereito dos herdeiros de Franco a recibir unha indemnización polos gastos de mantemento do Pazo de Meirás.

Galicia Informativos
Más opciones