Galicia Informativos   Informativo Galicia 7:45 - 18/02/22 18/02/2022 14:52

As familias dos mariñeiros do Villa de Pitanxo non queren que se deixe de buscar ós que permanecen desaparecidos. Saben que non os van atopar con vida pero polo menos piden poder despedi-los aquí. Nuns momentos escoitamos as súas queixas.
Entre hoxe e mañá chegarán a Terranova os barcos cos tres superviventes e os corpos dos nove tripulantes recuperados.
Na Conserva, preacordo entre patronal e sindicatos, do que se desmarcou Comisións Obreiras. E, a Xunta recorre a lei de cambio climático ante o Constitucional

Deportes. O Breogán plantou cara ó Real Madrid no primeiro partido de Copa pero ó fnal perdeu por seis puntos e quedou eliminado.
O tempo... Hoxe co paso dunha fronte van ir baixando as temperturas.

Galicia Informativos
Más opciones