Galicia Informativos   Informativo Galicia 7:45 - 18/10/23 18/10/2023 14:56

Os orzamentos de Galicia para o vindeiro ano van dando pasos... Esta mañá o Parlamento aprobará o teito de gasto e despois a Xunta o anteproxecto das contas xerais. Oposición e sindicatos consideran que, polo que coñecen, son insuficientes para responder ás necesidades actuais.
Hoxe saberemos se o militante socialista Manuel Losada acada ós avais suficientes para formalizar a súa candidatura ás primarais para elexir o candidato do PSdeG á presidencia da Xunta, ou se como parece máis probable José Ramón Gómez Besteiro queda só e xa non son necesarias as votacións do día 29.
E pendentes da investigación que concluiu coa detención dun home pola morte en Cabanas hai dez anos de Elisa Abruñedo.
Deportes.... os equipos galegos xa coñecen os rivais na primeira eleminatoria de Copa. Boiro e Arousa enfrontaranse ó Mallorca e ó Granada.
O tempo...
Continuamos na influencia das baixas presións. As chuvias será máis intensas a partir da tarde.

Galicia Informativos
Más opciones