Galicia Informativos   Informativo Galicia 7:45 - 19/02/21 19/02/2021 14:58

Unha das novidades do día vai estar hoxe na área sanitaria de Santiago, onde comeza unha proba piloto pra vacinación dos maiores de 80 anos.
Volveremos fixarnos tamén na hostalaría, que agora analiza o plan da Xunta para reabrir de forma segura, xusto cando o Tribunal Superior de Galicia viña de respaldar, alomenos de primeiras, a orde de peche no sector. Dende hoxe os hostaleiros poden comezar a pedir xa as axudas do segundo plan de rescate...

E da última hora da tarde, rescatamos a reunión entre o presidente da Xunta e a ministra pra Transición Ecolóxica. Núñez Feijóo critica o rexeitamento do Goberno a traspasar a xestión do litoral. Demanda ademais puntos de encontro sobre o lobo.

Comezamos o día coas novas de Galicia en Radio Nacional.

Galicia Informativos
Más opciones