Dúas protestas chaman hoxe a nosa atención...a dos productores de carne de vacún en Lugo, que prolongan a presenza na cidade pra esixir prezos que lles cubran gastos; e a dos médicos...a folga indefinida entra no seu noveno día, pero Sanidade buscará hoxe un acordo co sindicato convocante que permita a desconvocatoria.
Este mércores o nome propio é o de don Juan Carlos que volve a Sanxenxo: está previsto que chegue a Vigo ó mediodía, aínda que a diferencia do ano pasado a visita lévase con moito máis secretismo.
E un aviso de tráfico no Salnés.
Pechada, na estrada autonómica PO-300, a ponte de Pontearnelas en Vilanova de Arousa por problemas estruturais.
O tempo: Mantense a influencia do anticiclón e hoxe repuntas as máximas, aínda que á noite van aparecer néboas costeiras.