Galicia Informativos   Informativo Galicia 7:45 - 20/01/22 20/01/2022 14:49

Agora a Xunta retrasa ata final de mes a fase de control desta sexta onda da pandemia. E é que despois de dous días de descenso os contaxios volveron subir aínda que sen chegar a niveis da semana pasada.
A crise sanitaria únese ou ten como consecuencia unha crise económica que ten un impacto moi desigual na poboación e tamén nas empresas. Moitas familias non conseguen chegar a final de mes e as empresas avisan... terán que subir máis os productos a cesta da compra para ser rendables ou senón terán que pechar.
Deportes. Boa xornada en fútbol e e a medaias en baloncesto. Gañaron o Celta e o Lugo. O equipo lucense ó lider da categoría. E, en baloncesto tamén triunfo do Breogán que derrotou por seis puntos ó Baskonia e está máis preto de xogar a Copa, e derrota do Obradoiro por 20 puntos en Manresa.
O tempo. con vento do nordés o día vaia estar máis frío. Ademais van aparecer nubes polo norte. Serán máis abundantes na mariña de Lugo. Vexamos como empeza a xornada nas principais cidades.

Galicia Informativos
Más opciones