Empezamos unha semana clave para o sector pesqueiro...A Comisión europea vai dar a coñecñer o plan que pode supoñer un novo recorte nas zonas de actividade dos arrastreiros.
A confraría de Noia apraza a reapertura da campaña marisqueira pola elevada mortandade dos moluscos como consecuencia dos grandes aportes de auga doce deste inverno.
Un buque portavehículos, no que se declarou un incendio na cuberta este domingo, ataópase fondeando nas Illas Cíes. Permanecerá inactivo ata comprobar a total extinción do incendio.
Deportes. A mugardesa Belén Toimil gaña o terceiro campionato de España consecutivo en lanzamento de peso.
O tempo. A partir de hoxe a entrada de aire frío en capas altas da atmosfera dará lugar a un aumento da inestabilidade e pra vindiera noite xa se agardan chuvias. A partir do mércores agardase un descenso acusado das temperaturas.