Galicia Informativos   Informativo Galicia 7:45 - 20/03/23 20/03/2023 14:55

A pesca galega mira hoxe a Bruxelas. Reunión alí dos ministros europeos de pesca. Sobre a mesa: a posibilidade de ampliar a veda á pesca de fondo a todas as áreas protexidas. Os pescadores, despois das limitacións que xa levan varios meses en marcha, ven esa opción coma un golpe definitivo ó arrastre.

A cara boa está nos armadores do cerco xa que pode pescarse de novo a sardiña ibérica despois de anos de vedas desde que se asinou no 2017 o plan de recuperación desta especie.

Nos vindeiros minutos escoitaremos tamén a Valentín González Formoso despois de anunciar que repetirá candidatura á alcaldía das Pontes. O secretario xeral socialista aproveitou para defender os plans de eólica mariña do goberno.

E hoxe remata o prazo de inscrición nas escolas infantís unitarias. E fano con problemas porque moitas non acadan o mínimo que marca a Xunta.
 

Galicia Informativos
Más opciones