Galicia Informativos
Informativo Galicia 7:45 - 20/04/2021
20/04/2021
14:54
Hoxe volve a vacinación masiva ás áreas sanitarias de Galicia. 40 mil persoas serán inmunizadas este martes fronte ao virus. Mentres, Goberno e comunidades analizarán na Comisión de Saúde a conveniencia de acelerar a primeira dose a conta de atrasar a segunda.
Atentos ademais a unha nova reunión do comité clínico, agora con Vigo no punto de mira, ao achegarse ós 150 casos por cen mil habitantes.
O presidente da Xunta entrevístase esta mañá co delegado do Goberno, co conflito da lei galega de saúde sobre a mesa.
E recollemos hoxe tamén o malestar entre os afectados polas obras da AP-9 ante a anulación da sentenza que condenaba a Audasa a devolver as peaxes