Galicia Informativos   Informativo Galicia 7,45 .- 20/05/2021 20/05/2021 14:58

A reunión do comité clínico adiouse finalmente a este xoves. A falta de coñecer as posibles decisións sobre o mapa de restricións por concellos e a hostalaría, esta mañá amencemos xa con algunhas certezas.

Por exemplo, que haberá posibilidade de poñer a segunda dose de AstraZéneca para os menores de 60 anos, como quería Galicia, aínda que Pfizer segue sendo a opción que prefire o Ministerio.
O vindeiro curso, ademais, podería reducirse a distancia social nas aulas. A Xunta pide un fondo específico para aplicar as novas medidas nos centros educativos.
A intención é vacinar os escolares de entre 12 e 16 anos antes de setembro.

Galicia Informativos
Más opciones