Galicia Informativos   Informativo Galicia 7:45 - 20/06/23 20/06/2023 14:59

Case nove meses despois do inicio da vista, hoxe o xuizo do Alvia entra na recta final.... Rematada a proba penal e a fase de responsabilidade civil, hoxe comeza o periodo de exposición de conclusións. Saberemos se as partes manteñen a acusación contra o maquinista e o exdirector de seguridade de Adif. Os dous teñen que asistir desde hoxe á vista. O xuizo aínda se demorará un mes máis. Non está previsto que remate ata o 27 de xullo.

O tempo. Persiste aínda certa inestabilidade sobre Galicia, pero os chuvascos xa serán máis puntuais.

Galicia Informativos
Más opciones