Galicia Informativos   Informativo Galicia 7:45 - 20/09/21 20/09/2021 14:52

Pasou a súa primeira noite en prisión o presunto autor da morte da súa parella na Coruña a pasada semana. Non quixo declarar nn ante a xuiza nin ante a policía.
O caso vai pasaar agora a mans do xulgado de violencia de xénero.
E, en Pontevedra comezan a declarar esta mañá a vintena de acusados no xuízo polo alixo incautado no Titán Tres en 2018. Foran aprehendidos 1.700 quilos de cocaína.
No ámbito económico recollemos as protestas pola suba da luz e veremos o plan de Stellantis para esta semana, despois de quedar sen actividade o sábado e o domingo.
Deportes. O Celta xa prepara un novo partido de Liga, xa con urxencias ó sumar só un punto nas cnco primeiras xornadas.
O tempo. Estabilidade pero máis frío.
 

Galicia Informativos
Más opciones