Este martes poidemos oir, e sen restriccións, falar en galego no Congreso. O primeiro en facelo foi o socilista Gómez Besteiro. O pleno aprobou, coa oposición de PP e Vox, iniciar a tramitación do cambio no regulamento pra permitir o uso de linguas cooficiais. precisamente o nacionalista Néstor Rego recriminoulle a Feijóo a posición dos conservadores.
Recollemos tamén a preocupación en Valdeorras pola orde de clausura de dúas louseiras. 250 traballadores están afectados pola medida.
E, na unidade de queimados do hospital da Coruña morreu un dos dous feridos nun incendio orixinado pola explosión dunha rozadora, en Carnota. A muller continúa en estado moi grave.
O tempo.
Achégase unha fronte moi activa que tocará terra a media tarde. Hai aviso amarelo por refachos fortes de venta e chuvias tamén localmente fortes nas provincias da Coruña e Pontevedra.