Galicia Informativos   Informativo Galicia 7:45 - 20/10/23 20/10/2023 14:56

Sen dúbida a noticia da xornada é o tempo, o mal tempo, que nos deixa nas últimas horas a borrasca Aline. O problema principal é que a Autovía A-6 está cortada por mor dun desprendemento de terras que se levou por diante un vehículo sen danos persoais. Nos rexistros de vento chegaronse por exemplo aos 130 kilómetros hora en puntos de Lugo e Ourense e en Forcarei recolleron máis de 100 litros de chuvia por metro cadrado.

Fora do meteorolóxico, segue a falarse da sentenza do Tribunal Supremo que confirma que Monbús e Alsa se repartiron as liñas de transporte de viaxeiros nos concursos de concesións da Xunta. Púñanse de acordo para optar a eles e cada unha se quedaba ca liña que pactaran de antemán.

A previsión do tempo para as próximas horas é de que amaine o temporal porque se debilita a borrasca pero no mar hai alerta vermella na costa da Coruña e Lugo

Galicia Informativos
Más opciones