Galicia Informativos   Informativo Galicia 7:45 - 20/11/23 20/11/2023 14:56

Numerosas incidencias no servizos ferroviarios rexionais. A última esta mañá: o priemiro tren con saída de Vigo non puido sair, por avaría, e Renfe tampouco dispuxo autobuses.

Os orzamentos de Galicia para 2024 van hoxe por primeira vez a pleno. Debátense as enmendas á totalidade, tamén as referidas a lei de acompañamento.
Este domingo dmingo deixanos dúas protestas...En Santiago a dos profesores que rexeitan o acordo sobre o número de alumnos por aula e número de hora lectivas. A outra en Viveiro pola falta de médicos en atención primaria.

Localizado morto dentro do seu coche no río Limia o veciño da Porqueira que estaba desaparecido desde o venres.

E, o gordo da primitiva deixou un premio de case 7 millóns de euros na Coruña.
Deportes. O Racing cedeu un empate en Burgos, pero aínda se mantén nos postos de promoción a primeira

Galicia Informativos
Más opciones