Galicia Informativos   Informativo Galicia 7:45 - 21/04/21 21/04/2021 14:59

Vigo aumenta o nivel de restricións polo coronavirus. A partir do venres, verá reducidas as cabidas no interior e no exterior da hostalaría. É unha das principais novidades da última reunión do comité clínico, que mantén o peche perimetral nos catro concellos que xa o tiñan.

Polo demais, hoxe continuará a vacinación masiva, con 38 mil doses de Pfizer, xa sabendo que a separación entre as doses continuará sendo de 21 días, e que a partir de hoxe comezaremos a recibir os fármacos de Janssen.

Atentos tamén a Vigo por outro motivo. Alí investígase un caso de trombose tras a administración da vacina de AstraZéneca.

E a nova sentenza sobre o Pazo de Meirás, que manda devolverlle aos Franco os bens do inmoble.

Galicia Informativos
Más opciones