Galicia Informativos
Informativo Galicia 7:45 - 21/06/23
21/06/2023
14:47
O fiscal mantén agora que o exalto cargo de Adif acusado polo accidente do Alvia non incumpriu ningunha normativa. Retira así os cargos contra Andrés Cortabitarte. Así, agora o único acusado é o maquinista que recibiu onte o apoio dos compañeiros.
As víctimas cren que o fiscal atendeu instruccións superiores. O avogado do maquinista pregúntase se o fiscal asistiu a outro xuizo. Manuel Prieto pediu a absolución do seu cliente.
E, nas estradas, lamentar a morte dunha muller en Vigo. Foi atropelada por un bus urbano do que acababa de baixarse. Ocorriu na parada situada diante do cemiterio da parroquia de Valadares