Galicia Informativos   Informativo Galicia 7:45 - 21/12/21 21/12/2021 14:55

Esta sexta onda da pandemia non remite e a taxa de positividade achégase ó 19 por cento.
Nas últimas horas comunicáronse outros oito falecementos. A Xunta pedirá mañá na conferencia de presidentes que se recupere o uso obrigatorio da máscara en exteriores.
Protagonismo tamén para o AVE.... os primeiros trens comerciais xa unen desde hoxe Galicia con Madrid.
Alcoa... hoxe vai seguir a reunión sobre o plan que presentou a multinacional entre a dirección e o comité de empresa.
Sucesos, un pescador morreu ó caer ó mar en Portonovo. É un veciño de Vilanova de Arousa de 57 anos. O corpo sen vida foi rescatado da auga por un helicóptero de salvamento.
O tempo: Pola tarde empeza o inverno e farao con temperaturas altas...porque hoxe os termómetros chegarán ós 18 ou 19 graos de máxima.

Galicia Informativos
Más opciones