Galicia Informativos   Informativo Galicia 7:45 - 22/09/21 22/09/2021 14:51

Os gandeiros galegos están preocupados pola entrada hoxe en vigor da orde que da maior protección o lobo. Consideran que quedan máis desprotexidos e sen axudas. O Goberno asgura que xa se prevén recursos económicos para facer fronte á nova situación.
Este mércores coñeceremos os acordos adoptados polo comité clínico na mesma xornada na que empezou o proceso de vacinación nas residencias da terceira idade. Sanidade estuda agora pechar os grandes centros nos que se realizou ata agora o proceso de inmunizacion.
E hoxe saberemos se os gtraballadores de alcoa retoman a folga ó non concretarse a venda da fábrica de aluminio.
Deportes. Primeira victoria do Celta. Gañou 0-2 ó Levante.
O tempo. Hoxe entra o outono e faino co anticiclón sobre Galicia. Subiron algo as temperaturas mínimas.

Galicia Informativos
Más opciones