Galicia Informativos   Informativo Galicia 7:45 - 22/11/22 22/11/2022 14:58

Varios asuntos xudiciais centran hoxe a nosa atención. En Santiago, reanúdase o xuizo do Alvia coa declaración de varios maquinistas. Na Audiencia provincia da Coruña novo xuizo ó Chicle neste caso acusdo de violar á súa cuñada, anos antes de agredir sexualmente e matar a Diana Quer. O último asunto lévanos Muimenta: o tribunal superior de Galicia ordena repetir o xuizo que condenou a prisión permanente revisable á muller por matar á súa filla.
E contarémoslles as novidades da últim operación contra o tráfico de droga en Pontevedra.

Deportes: O presidente do Lugo despide ó adestrador Hernán Pérez.

O tempo: Hoxe continuaremos baixo os efectos das borrascas que circulan polo Atlántico norte e que achegarán un sistema frontal pola tarde, con vento e chuvia...

Galicia Informativos
Más opciones